Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos

Blog

Non estabamos mortas, estabamos de pandemia

Este mes fanse catro anos do lanzamento deste proxecto. Catro anos de Sesións Destelo, e case un e medio sen terdes noticias de nós por aquí. Que aconteceu? Ben, imaxino que ningunha persoa é allea á situación pandémica actual, que practicamente impide (ou,…

Unha, dúas… e tres tempadas de sesións!

Podes ver todas as sesións gravadas ata o momento aquí. Chegou o momento. Unha vez máis, e van tres, toca facer unha parada no camiño para descansar e ver como foi o andado. Cun pouco de sorte este parón servirá para collermos folgos…

A rede volve encherse de música en galego!

As Sesións Destelo recorren de novo o país na procura de proxectos musicais actuais que teñan cancións na nosa lingua.Serán seis os vídeos que formen esta nova tempada, que se sumarán aos doce xa publicados ata o de agora.A receita: unha realización audiovisual…

Como se fixo: #SDT11 – Cadela Asasina

A Cadela Asasina anda rabiosa. Pasou o inverno na bodega e agora coa primavera sae para “andar de can” todo o verán. Este animal mítico, case místico, habita na Ribeira Sacra e é escorregadizo de carallo. Ata onde sabemos gusta de festas e…

Como se fixo: #SDT10 – Vudú

Vudú (antes Voodoo) son Belém Tajes ao teclado e á voz e Maritxinha ao baixo. Coñecémolas de casualidade no backstage do Festival Revenidas 2017, e aproveitamos o merchandising das Sesións Destelo que levaba no peto para subornalas e facerlles a proposta “indecente” de…

Como se fixo: #SDT09 – Mielitza

Parece difícil de crer, pero o xermolo desta sesión ten case un ano de antigüidade. Foi, precisamente, na semana da estrea da primeira sesión que realizamos cando Produtriz se interesou polo proxecto. Daquela estaban as cousas máis ou menos pechadas, pois, como moitas…

Como se fixo: #SDT08 – O Gato de Cheshire

O Gato de Cheshire é un personaxe ficticio do folclore inglés que Lewis Carroll popularizou ao incluílo no seu libro Alicia no país das marabillas. Trátase dun felino moi singular, pois pode desaparecer e aparecer ao seu gusto. Gusta de facelo aos poucos…

Como se fixo: #SDT07 – MJ Pérez

Meses de esforzo e algún tamén de pasotismo, recoñezámolo. Correos electrónicos van e veñen, repaso de materiais, planificación de datas… Custou, pero chegou por fin. Arrancamos xa a segunda tempada das Sesións Destelo! A inercia do traballo ben feito vainos ir arrastrando durante…

Volven as Sesións Destelo!

Volve o proxecto de sesións musicais acústicas en galego: as Sesións Destelo! Tralo éxito acadado nunha primeira tempada na que participaron seis agrupacións musicais do máis diversas, este venres comeza unha nova etapa na que outras tantas bandas con letras en galego interpretarán…

As cidades galegas máis populares na música

Vivimos nunha terra incrible que dende hai anos inspira tanto a artistas locais como a xente de fóra que se sorprende pola beleza da súa natura e da súa xente. Moita tinta se ten gastado para teorizar ou, simplemente, divagar arredor de Galicia,…

Música en galego: os discos do ano 2017

Galicia, ano MMXVII. Finais de decembro. Algunhas de vós anoxades o nadal con todas as vosas forzas, mais a outras parécevos unha data máxica chea de luces e cousas fermosas. Pero no que todo o mundo está de acordo é en que ten…

Sesións Destelo ❤ Dinahosting

Ola! Aínda que non o pareza, seguimos na sombra traballando nas Sesións Destelo. A fase de produción é pouco visible, pero é imprescindible: consiste en previr e resolver todos os pequenos detalles que son necesarios para que o proxecto marche… e un deles,…

Cargando…

Something went wrong. Please refresh the page and/or try again.